Friday 03 de May de 2024

Autobús para asistir en Santiago á última obra do Centro Dramático Galego


O domingo 23 de abril un autobús sairá da Fábrica para asistir á representación da obra Un hotel de primeira sobre o río no Salón Teatro, en Santiago de Compostela. A actividade ten un custo de 3 euros e inclúe autobús e entrada.

A saída está programada para as 12:30 horas, con tempo libre para xantar, paseo e función de teatro ás 18:00 horas con volta a Oleiros ao finalizar. Para apuntarse será necesario apuntarse a través da Sede electrónica. As prazas son limitadas e terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

A especulación urbanística, a depredación do medio natural ou o desarraigo son algúns dos temas arredor dos que xira Un hotel de primeira sobre o río, que desprega en tres actos a historia de Ruth, quen vive e traballa nun val afectado por un proxecto urbanístico para construír un hotel con área recreativa. É a primeira montaxe profesional a partir deste texto de Xohana Torres, recoñecido co Premio Castelo en 1968. Dirixida por Gonçalo Guerreiro e María Torres, sobre as táboas poderanse ver rostros de ampla traxectoria, como Iván Davila, Raquel Espada, Sofía Espiñeira, Merche Pérez, Nicolás Otero, Pablo Sánchez e Lidia Veiga.